top of page

A compañía “Polo correo do vento” visita Silleda o 31 cunha actividade sobre Fernández del Riego

Ecos da Comarca/Silleda

A piscina municipal de Silleda acollerá o vindeiro luns 31 de xullo ás 18:00 horas unha actividade cultural da man de “Polo correo do vento”, que levará a cabo un espectáculo teatral no que se inclúe un contacontos musicado e ilustrado en directo entorno á biografía de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.


Tamén haberá un obradoiro de debuxo sobre dito escritor. Esta actividade, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, está destinada ao público infantil e xuvenil a partir de 5 anos e terá unha duración aproximada de 50 minutos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page