A Comisión de Festas de Silleda desvincúlase dunha publicación que solicita colaboracións publicitarias
- ecosdacomarca
- 18 jun
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
A comisión de festas de Verán de Silleda e a Asociación Cultural O Lacón desvincúlanse dunha iniciativa publicitaria que está a chegar ás empresas do municipio, tal e como comunicaron onte a través das redes sociais.

Publicidade
"Unha entidade está a pedir aportacións económicas en nome da comisión e utilizando a imaxe da Festa do Lacón sen permiso nin autorización alguna", recalcan.
Publicidade
É por iso que dende a Comisión de Festas (que xa leva semanas facendo o petitorio en persoa) se pon en coñecemento esta situación, para que a veciñanza saiba que a solicitude NON SE FAI en nome das entidades organizadoras das Festas de Verán.
Comments