top of page
Foto del escritorLaura Moure

A comisión de Festas da Piedade de Cruces 2020 retoma o seu compromiso para facer as deste ano

Hai dous non se puideron facer debido á pandemia e o Concello agradécelle a súa labor


Laura Moure/Vila de Cruces

Este sábado o tenente de alcalde e responsable de festexos do Concello de Vila de Cruces, Julio López, ecibiu no Consistorio á nova Asociación de Festas da Piedade 2022, formada polo seu presidente César Mouriño, aos que acompañan Desi Montoto e Marcos López.

Julio López quixo agradecer a esta nova comisión no seu nome e no de todos os cruceños e cruceñas, o gran esforzo que teñen que realizar para poder levar a cabo esta festa. Tamén aproveitou para agradecer a todas as asociacións que realizaron este mesmo traballo nos anos anteriores á pandemia. "Porque sen o seu esforzo non se podería seguir levando a cabo esta actividade".


Á súa vez López confirmou á nova Asociación de Festas da Piedade 2022 que contan con todo o apoio do Concello, "máis se cabe nestes momentos que temos que practicamente empezar de cero tras unha pandemia que nos abateu durante dous anos". Ademais, López lembra como no ano 2020 esta mesma comisión tería que encargarse de realizar a festa, (algo que se tornou imposible por mor das restricións da pandemia) quedando aprazada para o ano 2021, na que tampouco se puido gozar deste evento. Por este motivo, o tenente de alcalde encomia persoalmente o traballo dos integrantes desta asociación que a pesar de pasar dous anos mantiveron o seu compromiso e toman as rendas para que todos os cruceños e cruceñas poidan novamente gozar da Festa da Piedade 2022, conseguindo deste xeito a continuidade coas tradicións.

O alcalde, Luís Taboada, e o seu equipo de goberno, agradecen aos integrantes da Asociación Festas Piedade 2022 o seu compromiso coa vila e esperan e desexan que todos poidan gozar delas, que terán lugar os días 6, 7 e 8 de agosto de 2022.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page