Lamenta os danos ocasionados a varias árbores da zona, entre outras, accións vandálicas durante a romaría da pasada semana
Ecos da Comarca/Arzúa
O pasado día 24 celebrouse a festa da Mota, en Arzúa, unha cita que xa está máis que consolidada. Hoxe, martes, a comisión de festas desta parroquia fai un chamamento a actuar con responsabilidade e civismo, xa que por desgraza isto non sempre pasa e afea calquera tipo de celebración.
Publicidade
O SEU COMUNICADO NA IMAXE:
"Agardamos que, como organizadores deste fermoso evento, tomemos todos nota de cara o 21 de setembro", recalca a comisión de festas, xa que ese día volverá haber festa neste lugar.
Publicidade
"Desde o Concello de Arzúa compartimos o sentir da Comisión de Festas da Mota e facemos un chamamento a actuar con responsabilidade e civismo. Coidemos Arzúa entre todas e todos!", sinala o Concello.
留言