top of page

A comezos do vindeiro curso escolar funcionará o primeiro parque infantil cuberto de Palas de Rei

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Tivo tres fases de execución e contou cunha inversión conxunta de 100.000 euros


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei porá en funcionamento o parque infantil cuberto a principios do vindeiro curso escolar 2022-2023, que dá comenzo o 8 de setembro. Así o avanzou o alcalde, Pablo Taboada, na reunión mantida esta semana co equipo directivo do CEIP de Palas de Rei.

Dito parque infantil, sitúase anexo ás instalacións do ximnasio e actual pavillón polideportivo do centro educativo e foi posible, grazas á colaboración e financiación da Xunta de Galicia, do Concello e do colexio palense. Logo, de tres fases de execución e unha inversión conxunta de 100.000 euros, esta nova infraestrutura municipal vén a constituír o primeiro parque infantil cuberto destas características en Palas de Rei, despois dos parques infantiles dos Chacotes, do Polígono Empresarial, da Praza de Galicia e do outro colexio.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

O Consello Escolar acordou instalar nel diferentes xogos tales como un mini rocódromo, unha cesta columpio, varios balancíns, un gran tobogán en forma de tren… . “Neste verán aproveitarase para que os técnicos instalen os diferentes xogos, así como, daranse os tratamentos oportunos de pintura ás paredes para que as intalacións estean en funcionamento cando os nenos/as comencen novamente as clases”, sinala Pablo Taboada. Dito parque infantil cuberto será de uso para o CEIP e tamén, de uso libre, nas fins de semana dos meses de inverno.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page