top of page

A comarca de Deza contará cunha deputada nacionalista, Ariadna Fernández González

O BNG considera os resultados electorais da comarca do Deza-A Estrada como "positivos, pero insuficientes para acadar o ansiado cambio galego que tanto precisa este país"


Ecos da Comarca/Xeral

Ariadna Fernádez será deputada.

O BNG considera os resultados electorais da comarca do Deza- A Estrada como "positivos, pero insuficientes para acadar o ansiado cambio galego que tanto precisa este país. Nesta comarca o BNG subiu un total de 2.655 e 4,5 puntos porcentuais, con respecto ás autonómicas de 2020".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O BNG subiu tanto en votos como en porcentaxe en todas as localidades e o máis sobresaínte, sen lugar a dúbidas, "é que esta vai primeira vez da historia do BNG na que a nosa comarca vai contar con unha deputada nacionalista, Ariadna Fernández González, coñecedora do sector primario polo seu traballo como veterinaria, sendo unha firme defensora do rural e do seu avance".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"Queremos agradecer o traballo de toda a militancia e a todos os veciños e veciñas que confiaron na alternativa nacionalista nestas eleccións, comprometéndonos a realizar o máximo esforzo posible, seguindo a nosa liña de traballo para que en catro anos consolidemos uns mellores resultados que nos permitan chegar a ser a forza maioritaria".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page