Nesta localidade da Ulloa gravaranse o filme Lincantropía
Laura Moure/Palas de Rei
O alcalde de Palas, Pablo Taboada recibiu, o pasado 30 de setembro, á directora de cine almeriense Nieves Gómez xunto co director de fotografía Teo Martínez e o xefe de produción Óscar Varela. Xuntos abordaron o proceso de gravación do filme Licantropía, que será rodada neste municipio de Palas de Rei, logo dunha pequeña parte filmada en
Almería.
Baixo a temática dos homes lobo e ambientada nos anos da guerra da independencia, a historia da supervivencia humana estará presente ao longo das diferentes tramas.
Dito filme, tal como quedou de manifesto nesta xuntanza, contará cunha parte do equipo técnico de orixe galego e actores oriundos de Galicia, como Will Sthepard, entre outros, así como un conxunto de actores e actrices representativos do panorama nacional, entre os que destacan Andrea del Río ou Mauricio Morales.
Comments