top of page

A CIG-Ensino denuncia a situación de desatención da de Educación ás necesidades dos centros de Deza

Ecos da Comarca/Deza

A CIG Ensino quere saír ao paso das declaracións emitidas a semana pasada pola Consellaría de Educación na que indicaba que “parte das demandas” formuladas polas comunidades educativas “xa están atendidas”, e aproveita esta ocasión para lembrarlle ao titular desta consellaría Román Rodríguez, a situación actual na que se atopan as diferentes comunidades educativas das comarcas de Tabeirós Terra de Montes, e Deza.


"Dende a CIG-Ensino queremos poñer en coñecemento da opinión pública, que nin a redución das ratios, nin a redución do horario lectivo, nin as medidas de atención á diversidade levadas a cabo ate o día de hoxe por parte da Consellaría, non supuxeron unha mellora real nos centros das comarcas de Tabeirós Terra de Montes e Deza. Dende o sindicato non podemos se non considerar como demagóxico o anuncio da Consellaría xa que as medidas que anunciou para Secundaria e outras ensinanzas, responden ao cálculo político da Xunta de adiantarse ao Proxecto de Lei do goberno central, xa que o

resto de medidas son insuficientes e faltas de concreción”.

"Queremos lembrarlle ao señor Román, que a Consellaría de Educación ten as competencias plenas para implementar as medidas que considere necesarias co fin de resolver os problemas propios dos centros do noso país, e escudarse en que “hai comunidades autónomas que están peor que nos”, é un insulto ás comunidades educativas e non nos serve como desculpa".


Como xa denunciara noutras ocasións, o deterioro do ensino público en xeral e nas

comarcas de Tabeirós Terra de Montes e Deza nomeadamente, non é algo no que “caésemos na conta este ano, mais si é certo que tanto profesorado como familias xa están fartas das desculpas e da inacción da administración educativa en por freo a este deterioro, e instan á consellaría a que se sente a negociar de verdade na “mesa sectorial”, unhas medidas que veñan a recuperar os dereitos deturpados ao profesorado ao tempo que supoñan melloras reais para o sistema educativo en xeral, e por ende, ao conxunto da comunidade educativa".


A Atención á diversidade “a primeira esquecida”.

No contexto actual, apunta, "con aulas saturadas, con redución de profesorado cando non compartido, iterante ou con contrato de media xornada, especialmente das especialidades de pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e orientación, son os rapaces e rapazas “con mais dificultades” as que pagan “nas súas propias carnes” as decisións de recortes da consellaría de educación".


"Entendemos que a Consellaría non pode mirar para outro lado, nin escudarse en que hai

comunidades autónomas que van peor que a nosa, nin dicirnos que o alumnado con NEE ou NEAE “computa por dous”. A Consellaría ten as competencias plenas en educación, e os servizos públicos son o único garante da igualdade de oportunidades entre as persoas da comunidade. Na sociedade do século XXI, temos que considerar “unha inversión” e non “un gasto” o diñeiro provinte de fondos públicos que se dedican a este cometido".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Dende a CIG esixen á Consellaría a que atenda a todo o alumnado do mesmo xeito e non

faga “desprezos” a aqueles que tiveron por sorte nacer no ámbito rural, onde especialmente se están vendo de xeito mais descarado as medidas de recorte levadas a cabo pola consellaría de educación, ora non dotando de profesionais específicos, ora facéndoos compartir centros e “deixando o servizo a medio atender”.


"Serva de exemplo o alumnado do CEIP Arias de la Maza de Vilatuxe ou o do CEIP Varela Buxán de Cercio, onde recentemente a consellaría decidiu reducir a dotación do persoal coidador destes centros, deixando así “un servizo limitado” a cativos con “capacidades diferentes” que precisan deste servizo para poder desenvolverse con normalidade nos seus centros ordinarios de ensino. A atención a diversidade claro que supón un “esforzo inversor maior” mais é unha cuestión de non pode estar en “tela de xuízo” nin moito menos supeditada a decisión políticas sen base técnica".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Insta á Consellaría de Educación a que rectifique canto antes, reconsidere as súas

accións, cumpra coa lexislación vixente en materia de atención á diversidade e “non deixe no abandono” as familias que mais o necesitan, neste caso do ámbito rural do concello de Lalín.


Por todo isto, a CIG-Ensino chama ao conxunto das comunidades educativas a que

secunden as concentracións previstas para o día 6 de maio nas diferentes comarcas "coas que pretendemos que a Consellaría rectifique, e se sente a negociar un verdadeiro paquete de medidas que veña a dar resposta ás demandas do profesorado en materia de dereitos laborais e das familias en materia de calidade educativa".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page