top of page

A CIG convoca unha concentración este domingo en Lalín contra subida do prezo da luz

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Será ás 12:00 horas na Praza da Igrexa


Ecos da Comarca/Lalín

A CIG un domingo máis convoca concentracións en distintas comarcas baixo o lema Estafa da Luz! Por unha tarifa eléctrica Galega! Nesta segunda convocatoria tamén terá lugar na cabeceira comarcal de Deza, en Lalín, este día 3. Será ás 12:00 horas na Praza da Igrexa.


"Esta campaña seguirá activa con mobilizacións cada 15 días ata que desde os gobernos da Xunta e do Estado aporten unha solución definitiva ao oligopolio das eléctricas para que a enerxía deixe de ser un ben de mercado e pase a ser un ben social. Un dereito, e que estea ao servizo do pobo desde unha perspectiva de benestar social, non mirando ao beneficio empresarial, alonxando de nós megaproxectos como os dos eólicos nos nosos montes sen ningún control mentres nas nosas comarcas temos veciñas e veciños que sofren pobreza enerxética, ou pechan pemes por non poder costear os prezos pola suba descontrolada. Entre outras das moitas problemáticas xeradas pola privatización da prodrucción da enerxía", indica a CIG.

0 comentarios

Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page