top of page

A central de coordinación de Urxencias sanitarias de Galicia-061 recibiu máis dun millón de chamadas no 2024

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A media diaria de chamadas recibidas ascende a 3.158, rexistrándose maior número nos meses de verán e nos de principios e finais de ano


Laura Moure/Xeral

A Central de Coordinación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, organismo dependente da Consellería de Sanidade e responsable de xestionar e coordinar os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia sanitaria na Comunidade galega, recibiu 1.155.993 chamadas ao longo de 2024.  O balance da actividade do ano pasado reflicte unha media diaria de 3.158 chamadas recibidas.


A distribución mensual das chamadas recibidas establece que os meses de maior actividade foron os de verán, e os de principio e final de ano. Así, o mes de xaneiro rexistrou o máximo pico de chamadas atendidas con 107.243; seguido dos meses de agosto con 104.627; xullo con 104.506; xuño con 98.269; e decembro con 97.486 chamadas.

A Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, situada na Estrada, atende as demandas de asistencia sanitaria urxente durante as 24 horas do día, os 365 días do ano e conta cunha infraestrutura técnica complexa formada por punteiros sistemas de informática e de comunicacións. 


Resposta en menos de 10 segundos

Durante o ano 2024, o 93 % das chamadas á Central de Coordinación obtiveron resposta en menos de 10 segundos. Este é o tempo que transcorre desde que un cidadán en situación de urxencia ou emerxencia sanitaria, chama ao 061 e un teleoperador da Central de Coordinación atende a súa demanda.


A Central de Coordinación conta con persoal médico e enfermeiro, especializado na xestión da urxencia e a emerxencia. O persoal enfermeiro é o encargado de resolver as consultas sanitarias e o persoal facultativo atende as emerxencias sanitarias e determina a necesidade de mobilizar recursos para atender o paciente no punto en que se atopa. 


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Mobilización de recursos

En total, mobilizáronse 319.208 recursos ao longo do ano pasado. En 846 ocasións foi mobilizado un helicóptero medicalizado, en 19.764 unha ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada, en 6.649 unha ambulancia de soporte vital avanzado de enfermería e en 292.795 unha ambulancia de soporte vital básico.


Cómpre lembrar que a través do teléfono 061 pode realizar consultas sanitarias e ser atendido en caso de urxencias ou emerxencias extrahospitalarias, as 24 horas do día, os 365 días do ano.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page