A Central Agropecuaria mantén a súa firme aposta pola dixitalización e ofreceu unha reunión aos compradores críticos
- ecosdacomarca
- 10 may
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O director da Fundación Semana Verde de Galicia, en Silleda, Ricardo Durán, trasladou o xoves a súa disposición a reunirse co representante do grupo de compradores quemanifestaron o seu rexeitamento ao novo sistema dixital de poxas implantado na CentralAgropecuaria de Galicia ABANCA.

Esta oferta de diálogo realizouse coa intención de escoitar as súas inquedanzas e poder explicarlle, de forma directa e transparente, as razóns e vantaxes dun proceso que busca
garantir maior axilidade, obxectividade e, sobre todo, transparencia nas transaccións. O representante declinou a proposta de reunión por motivos de axenda, indicando que non
poderá atender esta convocatoria nin onte nin nos vindeiros días.
Publicidade
A dirección da Central mantén firme o seu compromiso cun modelo moderno, equitativo e sen espazos para prácticas que poidan danar os intereses dos gandeiros, dos transportistas e do propio sector.
Publicidade
Desde a Fundación Semana Verde de Galicia reiteramos que a dixitalización das poxas é unha medida irreversible, avalada por anos de traballo, polos organismos responsables e por unhacrecente parte do sector que valora os beneficios dun sistema máis xusto para todos.
Comments