top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA incrementa a súa facturación en 2023 nun 4%, superando os 33,7 millóns de euros

O mercado de Silleda volveu a superar marcas nas súas tres categorías: becerros de recría, becerros carniceiros e vacún maior


Laura Moure/Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, que segue mantendo a súa condición de única poxa informatizada de España e que celebrou este martes a última sesión do ano, pechou 2023 cunha asistencia de 50.610 reses e unha facturación de 33.728.228 euros. Así, as cifras da Central situáronse en canto a asistencia total ás súas poxas nun 0,1% máis que o ano pasado, cando concorreran 50.565 reses nas súas tres categorías: vacún maior, becerros de recría e becerros carniceiros. En canto á facturación, supuxo un 4% máis que en 2022, cando alcanzara 32.430.068 euros.


Por categorías, nos becerros de recría concorreron 30.921 reses, un 4% máis que en 2022, cando acudiran 29.718. Unha liña continuista respecto ao ano pasado, con ciclos de alta e baixas ao longo do ano en función da programación dos nacementos, e que incrementa a asistencia respecto a 2022 esencialmente porque foi aumentando a valoración da Central como mercado para dar saída aos becerros de entre 3 e 5 meses, os chamados “pasteiros”, os cales se incrementaron na poxa pola boa venda que están a ter.

As transaccións nesta categoría aumentaron de forma considerable, tanto polo seu aumento en asistencia como porque segue habendo unha importante demanda por parte dos cebadoiros, que queren responder á boa saída que está a ter a carne. En canto ás transaccións, foron de 8.247.977€, un 29,5% máis que en 2022, cando ascenderon a 6.364.764€. Respecto aos seus prezos medios, en frisón soben un 7,15% respecto a 2022 (de 104€/unidade a 112€/unidade), en cruces aumentan un 22,5% (de 283€ a 347€) e en louros soben un 23,6% (de 388€ a 480€).


En vacún maior, rexistráronse durante 2023 un total de 13.657 exemplares, un 12,3% menos que o ano pasado, cando foron 15.585 exemplares, un descenso que influíu para que neste exercicio o crecemento no total de reses asistentes á Central fose moi moderado. A facturación desta categoría foi un 9% menor, ao pasar dos 21.626.770€ de entón aos 19.669.690€ de agora. Este descenso na categoría débese a dous factores. Por unha banda, o ano pasado produciuse un gran número de vendas destes animais pola incerteza provocada nos gandeiros ante a ameaza de seca na produción de forraxe e tamén ante os prezos dos insumos naquel momento.


Publicidade

Por outra banda, xerouse unha demanda moi forte e fóra do habitual, que mesmo se prolongou ata este verán, da carne deste tipo de animais, especialmente dos de maior calidade, incrementando as operacións e prezos. Este ano xa non existiu esa incerteza por parte dos gandeiros e ao mesmo tempo moderouse esa excepcional demanda dende o verán, polo que o mercado estivo e está a regularse, xerando cifras á baixa tanto en compravendas como en prezo.


Así, o prezo medio da categoría Extra moderou a súa subida, ata un 4,7% (de 2.037€/unidade a 2.133€/unidade) e no resto de categorías o prezo medio descendeu, un 0,8% en Primeira (de 1.157€ a 1.148€), un 1,2% en Segunda (de 765€ a 755€) e un 0,5% en Desfeito (de 466€ a 464€). O prezo medio do conxunto da categoría na Central subiu un 4,2% (de 1.481€ a 1.544€), bastante inferior ao incremento do ano pasado, de máis dun 29%, pero positivo debido a que a Central, xunto cos servizos veterinarios, segue apostando por que os animais de calidades inferiores non pasen polo mercado e vaian directamente ao matadoiro, evitando así a estes animais de maior idade traxectos que inflúen no seu benestar, e conseguindo tamén eliminar reses de mala calidade en favor das de mellores categorías, co consecuente aumento de prezos medios na categoría.


Respecto aos becerros carniceiros, a súa asistencia situouse en 6.032 reses, aumentando un 14,6% respecto a 2022, cando acudiran 5.262 exemplares. Uns datos que reflicten, por unha banda, unha alta demanda destes animais por parte dos carniceiros, e, por outra, que a Central seguiu incorporando novos compradores deste tipo de animais e ao mesmo tempo seguiu incrementado a confianza dos gandeiros para a súa venda.


Publicidade

Consecuentemente as súas transaccións aumentaron un 30,9% respecto a 2022, aumentando dos 4.438.534€ aos 5.810.561€. O prezo medio no conxunto da Central medrou un 13,3% (de 933€/unidade a 1.058€/unidade), mentres que por categorías

os frisóns rexistraron un prezo medio de 682€/unidade, un 10,9% máis que en 2022 (cando fora de 614€/unidade); os cruces situáronse en 1.024€, un 13,3% máis que o

ano pasado (situábanse en 904€) e os louros en 1.132€, un 13,1% máis (o pasado exercicio era de 1.001€)


Continúan os rexistros máximos

Este ano a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA superouse en numerosas ocasións nas súas distintas categorías.


Publicidade

En canto aos becerros carniceiros, batéronse marcas en todos os aspectos, e varias

veces ao longo do ano nalgúns casos. Así, onte mesmo alcanzáronse o maior volume de transaccións nunha sesión, con 215.538€ €, e a maior asistencia, con 217 animais. Tamén o 25 de xullo rexistrouse o seu maior prezo medio, situándose en 1.155,19€, mentres que o 2 de maio pagouse o prezo máis alto por un exemplar de becerros carniceiro, 2.201€. Respecto a os becerros de recría, o prezo medio superouse tamén varias veces, situándose nestes momentos os 340,98€ que se alcanzaron o 20 de xuño, ademais de acadarse o maior volume de transaccións da categoría na historia da Central o 8 de agosto, con 241.294€.


Polo que se refire a vacún maior, o 11 de abril adxudicouse un exemplar (un boi) co segundo maior prezo desta categoría na historia do mercado, o cal foi adquirido por

10.367€ (por encima deste exemplar soamente se sitúa outro boi que alcanzou 10.469€ en marzo de 2022). Así mesmo, dentro desta categoría rexistrouse o 30 de maio a vaca con maior prezo pago na Central, con 7.139€. Sumouse o maior prezo medio da categoría, 1.915,24€, rexistrado o 11 de abril.



0 comentarios

Коментарі


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page