top of page

A Casiña dos Contos e Floristería Carmiña gañan o Concurso de escaparates de primavera de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este certame foi convocado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda contando coa colaboracion do Concello e inscribíronse 16 establecementos


Laura Moure/Deza

O Salón de Plenos do Concello de Silleda albergou este martes a entrega de premios do Concurso de escaparates de primavera que convocou a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda (ECOS) para o que contaron coa colaboracion do Concello de Silleda. O concurso, ao que se inscribiron un total de 16 establecementos, estivo aberto a todos os negocios de Silleda e da Bandeira que optaban a premios en dúas modalidades diferentes.

Melissa Granja, Pilar Peón, Flavia Payno, Isabel López, Vanessa Loureiro, Silvia López e Estefanía Fdez (secretaria de ECOS)

Un dos premios foi concedido polo público en xeral a base do seu apoio en redes sociais ao escaparate que consideraron mellor. O agasallo nesa modalidade consistiu unha gran cesta de delicias donada polo Concello e caeu nas mans de A Casiña dos Contos en Bandeira, que conseguiu un total de 194 likes (152 en Instagram e 42 den Facebook).


O segundo premio, concedido por ECOS e consistente nun ano de afiliación gratis á asociación, recaeu en Floristería Carmiña. Neste caso, un xurado alleo á asociación foi o encargado de fallar en favor do escaparate que consideraron máis sustentable. Vanessa Loureiro Fernández da Fundación Roberto Rivas, Marta Loño Fagil, docente do ciclo de Cormercio no IES Pintor Colmeiro, e Flavia Payno Gonçalves, directiva da Asociación Amigos da Empanada foron as compoñentes do xurado e encargadas de elixir o escaparate gañador nesa modalidade.

Dende esta asociación dan as grazas ao Concello de Silleda polo seu apoio incondicional e a todos os establecementos participantes (De-Cores, A Casiña dos Contos, Libraría Pily, Carmiña Moda, Ensoños Moda Infantil, Mariu´s Closet, Outlet Colorín Colorado, Óptica Silva, A Fervenza, Mamasunción, Express Pellets, Floristería Carmiña, Vacaloura Estudio Fotográfico, María Lodeiro, Movideza e Xoiaría Sedela) polo esforzo posto en engalanar os seus negocios, e insisten na importancia de coidar sempre a estética dos pequenos comercios da vila para, deste xeito, axudar a facer de Silleda un lugar máis agradable e

acolledor para os veciños.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page