top of page

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a conferencia de Francisco Díaz-Fierros sobre o Matemático de Bermés

Ecos da Comarca/Lalín

A Casa de Galicia en Madrid súmase aos actos de homenaxe da Real Academia Galega de Ciencias ao “Matemático Rodríguez” de Bermés (Lalín), nomeado Científico Galego de 2024 pola RAGC. Acolleu a conferencia José Rodríguez González. Un alento renovador da ciencia galega que impartiu o catedrático da Universidade de Santiago Francisco Díaz-Fierros. Ao acto asistironademais o presidente da RAGC, Juan Lema; e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luís Ramos.

foto

Na súa intervención, o catedrático referiuse ao homenaxeado como “un sabio, de sona internacional, ao que lle foron ofrecidos postos relevantes desde Arxentina e Rusia, considerado o introdutor da ciencia moderna na Universidade de Santiago e tamén en

Galicia”. Salientou que o matemático José Rodríguez (Bermes, Lalín, 1770 – Santiago de

Compostela, 1824) foi un adiantado da súa época, o primeiro científico galego en alcanzar

unha dimensión internacional, cun perfil liberal e modernizador.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Casa de Galicia en Madrid acolle ademais a exposición José Rodríguez. O Matemático de Bermés, que, logo de pasar con enorme éxito pola cidade de Santiago e o Concello de

Lalín, recala agora en Madrid, onde permanecerá ata o 28 de febreiro. A mostra realízase en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; a Universidade de Santiago; o Consello da Cultura Galega; e o Concello de Lalín.


A exposición amosa como o neno labrego de Lalín se converteu en catedrático de Matemáticas na USC. Logo trasladouse a París, onde estudou Astronomía e Altas Matemáticas. Participou na expedición internacional que permitiu definir o metro como

unidade de medida. Tamén estudou en Inglaterra e regresou a Galicia como catedrático de Matemáticas Sublimes na USC, sendo profesor de Domingo Fontán. De seguido trasládase a Alemaña e despois a París, momento no que mercou e remitiu instrumentos científicos para a Universidade de Santiago.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dirixiu o Observatorio de Madrid. Foi deputado por Galicia e implicouse na creación dunha Universidad Central, xerme da actual Universidad Complutense de Madrid. Así mesmo,

realizou calendarios agrícolas para Galicia e Asturias. Pasou os derradeiros meses da súa

vida en Santiago, onde faleceu en 1824.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page