top of page

A Casa de Correos de Arzúa acolle mañá, día 19, un plenario para a defensa da lingua galega

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Para perfilar a convocatoria da grande mobilización social prevista para o 23 de febreiro, Día de Rosalía, que sairá da Alameda de Santiago cara á Praza do Obradoiro, na defensa do galego, todas as entidades e persoas que o desexen poden participar nos plenarios para avaliar a situación da nosa lingua, así como na definición das accións a realizar partindo da proposta de puntos mínimos e medidas urxentes exposta en novembro por Queremos Galego, para comezar a reverter a emerxencia lingüística e repoñer o noso idioma en todos os espazos onde está excluído. Nas comarcas terá lugar un plenario este domingo, 19 de xaneiro, en Arzúa.

Calendarios dos plenarios

  • Rianxo: sábado 11 de xaneiro, 12:00 horas, Auditorio Municipal de Rianxo.

  • Santiago de Compostela: sábado 18 de xaneiro, 12:00 horas, Casa das Asociacións de Cornes.

  • Arzúa: domingo 19 de xaneiro, 18.00 horas, Casa de Correos.

  • Salvaterra de Miño: sábado 18 de xaneiro, 19:00 horas, Casa Cultural de Salvaterra de Miño.

  • Ourense: martes 21 de xaneiro, 20.00, Liceo de Ourense

  • Lugo: mércores 22 de xaneiro, 19:30 horas, O Vello Cárcere.

  • Betanzos: mércores 22 de xaneiro, 20.00 horas. Zona Hadal.

  • Moaña: mércores 22 de xaneiro, 20.00h, Salón de plenos do concello de Moaña.

  • Pontevedra: xoves 23 de xaneiro, 19.30. Salón de actos do Pazo da Cultura.

  • Ferrol: xoves 23 de xaneiro, 20.00h, Antigo Hospicio.

  • Cangas: xoves 23 de xaneiro, 20.00, Centro social.

  • Foz: venres 24 de xaneiro, 20.00 horas. Casa da Cultura Manuel María.

  • Outes: venres 24 de xaneiro, 20.00, Casa da Cultura.

  • A Coruña: luns 27 de xaneiro, 19:30 horas, local da A.C. Alexandre Bóveda.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
  • Vigo: mércores 29 de xaneiro, 19.30h, Local da Asociación Cultural Evame-Oroza (Subida Costa nº 5)

  • Carballo: venres 31 de xaneiro, 20.00 horas, Casino de Carballo 

  • A Estrada: venres 31 de xaneiro, 20.00, no MOME

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page