top of page

A Casa das Mulleres de Arzúa acolleu unha xornada técnica contra as violencias machistas

Participaron forzas de seguridade e persoal técnico de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Touro e Santiso


Laura Moure/Arzúa

A Casa das Mulleres do Concello de Arzúa acolleu o pasado venres unha xornada técnica para mellorar a resposta institucional fronte ás violencias machistas. Participaron efectivos da Garda Civil dos postos de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino e Touro, así como o equipo VioGén da zona. Tamén asistiu persoal técnico dos servizos sociais de Boimorto e Santiso, das áreas de igualdade de Touro e do CIM de Melide, xunto coa xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en A Coruña.


Durante a sesión analizouse a situación da violencia de xénero no Partido Xudicial de Arzúa, reforzouse a coordinación entre institucións e presentáronse recursos clave como os centros de crise 24 horas. O obxectivo común foi avanzar cara a unha resposta máis eficaz, próxima e libre de revitimización para as mulleres que deciden denunciar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Interviñeron profesionais con experiencia directa na atención ás vítimas: Manuela Vilaboy (Subdelegación do Goberno), Adrián M. Gonçalves, director do CIM de Arzúa, Begoña Riveira e María Gómez (CIM Arzúa), e Inés Rodríguez Leira (centro de crise de Santiago).

“Fronte ás violencias machistas temos que responder xuntas, con coordinación e compromiso. As mulleres non están soas. Desde o Concello apostamos pola formación e o traballo en rede para axudar a cada vítima a conquistar a súa liberdade, que non é máis que a liberdade de todas”, explicou Lucía López, concelleira de Igualdade de Arzúa.


A xornada reafirma o compromiso do Concello cunha resposta feminista, profesional e en rede tamén no rural, onde a igualdade e a loita contra a violencia deben estar presentes con forza e recursos.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page