A Casa da Cultura de Touro acollerá o 17 de novembro unhas xornadas e unha mostra fotográfi
- ecosdacomarca
- 11 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Son unha inicativa de EspadELA, a escola de apoderamento feminista de mulleres rurais de Arabías, na que participan as veciñas da Plataforma Veciñal Mina de Touro e Pino NON
Ecos da Comarca/Comarca Arzúa

EspadELA: Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural nace en 2018 impulsada pola cooperativa Arabías da man do Sindicato Labrego Galego e financiada pola Deputación da Coruña. A cooperativa Arabías é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola posta en marcha de proxectos centrados na igualdade, no feminismo e na transformación social. EspadELA xorde para crear espazos de traballo colectivo onde pensar e construír xuntas. A primeira, segunda, terceira e cuarta edición da escola desenvolveuse nos municipios de Arzúa, Ordes, Betanzos, Moeche, As Pontes, Valdoviño, Cabanas, Cambre e Carral obtendo altos niveis de participación e satisfacción por parte das mulleres participantes.
Publicidade
Este setembro iniciaron a quinta edición de EspadELA. O programa desenvólvese nas localidades de Boiro, Touro, Arzúa e Santiago de Compostela até o mes de decembro. Nesta ocasión anunciamos as Xornadas Feminismos, territorio e ruralidades e a inauguración dunha exposición fotográfica onde participan as veciñas da Plataforma Veciñal Mina de Touro e Pino NON.
Publicidade
As xornadas terán lugar o venres 17 de novembro ás 16:30 horas na Casa da Cultura de Touro. A inauguración da exposición fotográfica terá lugar o venres 17 de novembro as 19:00 horas na Casa da Cultura.
Comments