Ecos da Comarca/Touro
Este xoves, 23 de novembro, haberá dúas actividades en Touro que terá como temática a igualdade. Ambas serán na Casa da Cultura.
Publicidade
Por un lado, Trémola Teatro ofrecerá o seu contacontos sobre a igualdade que leva por título A miña historia. Versa sobre Andrea que é unha xornalista saída do século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. Terá lugar ás 11:45 horas e aínda que está pensada para o alumnado do colexio poderá asistir público en xeral.
Publicidade
Por outra banda, o xoves tamén se presentará o proxecto audiovisual Mulleres emprendedoras do rural e terá lugar o coloquio con Carme Pampín, confundadora e directora executiva de GalChimia. Será ás 13:00 horas.
Comments