top of page

A Casa da Cultura de Silleda é o escenario da exposición de fotos enxebres promovida por José García

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Inaugurouse este luns e poderase ver ata o 31 deste mes


Laura Moure/Silleda

A sala de exposicións Manuel Colmeiro da Casa da Cultura de Silleda acolle unha exposición de fotos enxebres, organizada polo veciño de Laro José García, que ao longo do ano leva a cabo distintas iniciativas, entre eles moitas solidarias. A mostra inaugurouse este luns e poderá visitarse ata o 31 de agosto de 9:00 a 14:00 horas con entrada gratuíta.


Na inauguración estiveron presentes o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e as concelleiras de Benestar Social, Ángela Troitiño, e de Cultura, Mónica González.

As gañadoras deste concurso de fotos enxebres (todas as imaxes participantes compoñen a mostra) son Mari Presas, Rosa Rozas e Rocío Taboada.


"Grazas a todos e todas unha vez máis por participar no concurso. Foi moi bonito recordar os tempos dos nosos avós e das nosas avoas e foi grazas a vós senón isto non sería posible", agradece José García. "Este é o último concurso que fago este ano. Vou descansar ata o ano que vén que teño novos e xa vos irei dando pistas", avanza.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page