top of page

A Casa da Cultura de Agolada acolle o día 18 un encontro sobre a xestión sustentable do monte

A xornada organizada por Adega centrarase no Sobreiral do Arnego


Laura Moure/Agolada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) organiza o encontro: Xestión sustentable do monte: caso do Sobreiral do Arnego. Dos vellos usos ás novas estratexias de conservación. Terá lugar este sábado, 18 de decembro, na Casa da Cultura de Agolada.


A sesión da mañá arrancará ás 10:30 horas coa presentación da xornada. Media hora despois comezará a ponencia Monte multifuncional e necesidades rurais a cargo de Jesús de la Fuente; ás 11:30 horas Cristina Gende falará do Sobreiral do Arnego e unha hora despois, terá lugar un descanso. O encontro retomarase con A custodia do territorio como ferramento de conservación con Ramsés Pérez e ás 14:00 horas Paco Bañobre falará de Actuacións de conservación ambiental.


Pola tarde, ás 15:00 horas terá lugar unha visita ao Sobreiral do Arnego con Cosme Damián Romay e Ramsés Pérez, ás seis da tarde os participantes dedicaranse a recoller landras e media hora despois terá lugar a clausura do encontro.


Inscricións

A actividade é gratuíta pero é precio anotarse previamente. Os interesados poden facelo a través do correo pacobanhobre@adega.gal ou a través do teléfono 616 238 050.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page