top of page

A Casa Cacheda co seu Apalpador gaña o concurso de decoración de vivendas de Camposancos

Actualizado: 16 dic 2024

O fogar de Aroa e David triungan no apartado de sostibilidade


Ecos da Comarca/Lalín

Non hai Nadal sen Camposancos deu comezo este venres a súa programación deste ano co concurso de decorados do Nadal desta parroquia lalinense. O xurado composto polo fotógrafo Javier Lalín e as xornalistas Laura Moure e Noelia Cortizo, percorreron as 14 vivendas que decidiron participar neste certame.

O xurado destacou de todos os participantes a súa implicación no certame e en colaborar nunha actividade tan atractiva e positiva para a veciñanza e para Camposancos. Tamén afirman que as puntuacións estiveron axustadas, xa que había gran nivel. Así, destacou por riba de todos a vivenda Casa Cacheda, que recreou a figura galega do apalpador, dedicándolle unha “aldea”. Empregou materiais reciclados e destacou por orixinalidade e polo espírito do Nadal, xa que ademais contaba con árbore, agasallos e, por suposto, luces.

En canto a sostibilidade, a puntuación plena foi para a vivenda de Aroa e David, xa que empregando as caixas de ovos e botes varios, conseguiu facer un decorado orixinal e moi acaído, tendo especial relevancia as pinturas e as manualidades que levaron a cabo.


Publicidade    

A xornada tamén contou coa visita da Televisión de Galicia e fogos artificiais que foron o punto de partida dunha programación que para esta semana se completa co mercadiño solidario do domingo, a entrega solidaria de xoguetes e chocolate e actividades dirixidas ós cativos e cativas. A programación continuará o vindeiro 22 nesta parroquia lalinense Ademais, ao longo destas datas anunciaranse novidades e sorpresas.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

NOS VINDEIROS VÍDEOS SACAREMOS VÍDEO.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page