Laura Moure/Melide
Este venres 4 , as 19:00 horas, a Casa Alongos de Melide albergará a presentación do libro Pangalaica. Recortes poderosos.do polifacético artista Xurxo Souto. Durante a cita haberá degustación de tapas mariñeiras.
Reseña del libro
O 17 de marzo de 2020, Xurxo recibe a chamada de María Obelleiro, directora de Nós Diario. A pandemia paralizou a actividade cultural. Pídelle que durante uns días escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda. É a escusa que precisa. Ao día seguinte aparece “Haberá primavera!”, a primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios—para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica. Así nesta obra publica os artigos que redactou para Nós Diario o pasado ano, durante o confinamento e nos meses posteriores.
Comentarios