top of page

A Carreira Popular do Pino celebra a súa maioría de idade o día 24

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Haberá trofeos para os e as tres primeiras de cada categoría e premios en metálico para os primeiros clubes federados


Laura Moure/O Pino

A Carreira pedestre popular do Pino chega a súa maioría de idade. O domingo día 24 celébrase a décimo oitava edición dunha proba que ten un percorrido de 8 quilómetros para a categoría absoluta e duns 300 metros para menores de seis anos. A primeira saída darase ás 10:00 horas na praza de Forcarei (Arca), onde tamén está situada a meta. Organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de

Atletismo, esta proba pertence ao IX Circuíto de carreiras populares da Deputación da

Coruña.

Na XVIII Carreira Pedestre Popular do Pino poderán participar atletas federados e non

federados e haberá unha soa clasificación conxunta. O control da proba estará a cargo do

Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A inscrición deberá facerse na web carreirasgalegas.com antes das 23:59 horas do xoves 21 de setembro. A recollida de dorsais será na secretaría técnica (situada na praza de

Forcarei) 30 minutos antes da saída. O regulamento da proba pódese consultar na mesma

paxina web da inscrición. A saída da categoría absoluta (maiores de 18 anos) será ás 10:00 horas, e as seguintes iranse facendo de xeito consecutivo ata ás 12:10, cando comezarán a correr as persoas participantes menores de seis anos.


O Concello entregará trofeo para os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas das

diferentes categorías da carreira absoluta, e para o primeiro e a primeira atleta local

empadroado no concello do Pino das categorías Sub-8 ata Sub-18, entre outras

premiacións. Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes aos e ás atletas

locais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Haberá medallas para todas as persoas participantes nas categorías escolares entre

Sub-6 e Sub-12. No caso dos clubs federados establécense premios en metálico de 150, 100 e 50 euros para os tres primeiros, tanto en categoría masculina como feminina.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page