top of page

A carreira de San Silvestre e San Silvestriño volta este sábado a Silleda

As inscricións e a recollida de dorsais serán ese día a partir das 10:45 horas na Praza de Juan Salgueiro e haberá un premio á vestimenta máis orixinal


Ecos da Comarca/Deza

A carreira popular de San Silvestre volta ás rúas de Silleda este sábado día 31 para despedir o ano, como xa vén sendo tradición. O certame, organizado dende o Concello de Silleda en colaboración coa Deputación de Pontevedra, comezará ás 11:30 horas na praza Juan José Salgueiro. Está aberta a todos os públicos e as persoas que desexen participar poden anotarse ese día na mesma praza dende as 10:45 horas, sen necesidade de anotarse previamente.

A carreira de San Silvestriño comezará ás 11:40, ca categoría “Chupete” (de 0 a 6 anos) e continuará ca Carreira de Benxamins (de 7 a 9 anos). As dúas categorías disputaranse na propia praza. A infantil (de 10 a 15 anos) consistirá nunha volta ao percorrido da carreira senior (1 quilómetro). Haberá medallas para todos os nenos e nenas participantes


A carreira Senior arrancará ás 12 horas, con premios ás tres primeiras persoas clasificadas nas categorías masculina e feminina. O percorrido será de seis quilómetros e transcorrirá polo entorno da plaza, pasando pola rúa Outeiro e Recinto Feiral, entre outros.

Premio á orixinalidade

Tamén se outorgará un premio único á mellor caracterización navideña.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page