top of page

A cantautora arzuá MJ Pérez cumpre este ano 10 anos de carreira

Con este motivo, lanza unha potente versión ao vivo do seu tema A Peza Solta


Laura Moure/Arzúa

A cantautora arzuá MJ Pérez comparte unha potente versión ao vivo do seu tema A Peza Solta. Trátase de un dos temas dos inicios da artista que neste 2023 cumpre 10 anos de carreira. Deste xeito, botando a vista atrás, pero con aires completamente renovados, MJ Pérez inicia así o seu 10º aniversario con este primeiro lanzamento que virá precedido doutros novos temas que está preparando.

Esta versión revisada de A Peza Solta foi interpretada ao vivo na Sala Rebullón o pasado 5 de marzo de 2022, MJ Pérez acompañada de toda a súa banda ofreceron dentro do seu concerto esta canción que, sen dúbida, foi o momento especial da noite. É o primeiro tema producido ao vivo que a cantautora lanza tanto en Youtube coma en todas as plataformas dixitais.

A Peza Solta é unha canción en clave rock, que vai medrando pouco a pouco dende o seu inicio ata desatar unha auténtica loucura final. A versión do ano 2016 marcou un punto de inflexión no camiño de MJ, xa que foi o primeiro tema de estudio que gravou con banda. Nesta versión actual bebe da potencia do directo, da madurez da artista e do toque especial dos ventos, que xogan un papel moi importante. Unha banda formada neste caso por Iago Blanco (batería), Iván Bernárdez (baixo), Alberto Romero (guitarra), María prado (trompeta), Richi Casás (saxo), Xiana Naval (trombón) e MJ Pérez (guitarra e voz).

A canción foi misturada por Iago Blanco en Drum&Roll Studios, que conseguiu sacar o lado máis potente e salvaxe a través da mistura. MJ Pérez inaugura así un ano para celebrar, que trae cousas do pasado, pero que trae tamén moitas cousas novas que están a piques de saír, onde a cantautora, sen dúbida, sorprenderá a moitos.


NOTICIAS SOBRE MJ PÉREZ:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page