Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A cancha de prácticas de golf de Silleda abrirase a todo o público e acollerá sesións formativas

Laura Moure/Silleda

A práctica do golf volta a Silleda da man da colaboración entre o Concello e o Club de Golf Val de Rois. Este luns celebrouse unha xornada de portas abertas nas instalacións situadas na rúa L, nos terreos cedidos no seu día polos propietarios ao Concello. Numerosos veciños e veciñas, de todas as idades, asistiron a esta apertura da cancha, que a partir da vindeira semana estará dispoñible para todas as persoas que desexen iniciarse na práctica deste deporte.

O alcalde, Manuel Cuiña, e o presidente do Club, Ramón Otero, asistiron este luns á xornada, cunha boa acollida. Cuiña agradeceu tanto ao club –que ofertará ademais condicións vantaxosas á veciñanza de Silleda que desexe seguir xogando nas súas intalacións-coma aos propietarios dos terreos a súa colaboración para retomar este proxecto “co que Silleda segue avanzando na oferta deportiva”, engade. Así mesmo, a través do Club de Golf Val de Rois tamén se impartirán clases dende febreiro, cun prezo de 25 euros ao mes e aportando o material necesario. As persoas interesadas (de calquera idade) poden enviar un mail a info@silleda.gal para formalizar a inscrición.

O mestre de golf Jacobo González, cunha recoñecida traxectoria, será o encargado de coordinar as sesións formativas. Na vindeira semana estableceránse os horarios de apertura da cancha para aqueles que desexen practicar este deporte fóra do circuíto das

clases.


O Concello de Silleda, que se encargará do mantemento, vén de dotar a cancha dunha máquina expedendora de bolas de doutros materiais necesarios para a súa reapertura.

27 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE