top of page

A campaña solidaria do alumnado da EFA Piñeiral de Arzúa recada 250 quilos de comida

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Esta semana rematou a campaña solidaria promovida polo alumnado dos ciclos de comercio e márketing da Efa Piñeiral. A recollida da iniciativa “Compartindo o Nadal” desenvolveuse durante catro xornadas na EFA Piñeiral, IES Arzúa e nas propias dependencias do Concello de Arzúa.

Representantes de Cáritas Arzúa recollendo o recadado de mans do alumnado da Efa Piñeiral.
Representantes de Cáritas Arzúa recollendo o recadado de mans do alumnado da Efa Piñeiral.

Grazas á xenerosidade dos veciños e alumnos dos centros educativos, recaudáronse un total de 242,5 quilos de comida entre os que destacan produtos de primeira necesidade, leite ademais de doces típicos destas datas navideñas.


Publicidade  

A iniciativa solidaria naceu como unha resposta do alumnado da Efa Piñeiral ás necesidades detectadas en colectividades desfavorecidas, ademais de supoñer unha oportunidade para aplicar os coñecementos adquiridos nos ciclos formativos en materia de eventos, almacenamento, atención ao cliente, deseño, loxística...


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Énchenos de orgullo saber que todo o que estamos a aprender nas aulas, podemos poñelo en práctica na realidade e máis cando se tratan de accións solidarias coma esta”, afirman os alumnos da Efa Piñeiral.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page