top of page

A campaña do Concello de Arzúa polo 25N lanza unha mensaxe clara e rotunda: “Que a vergoña sexa deles”

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Dende hoxe, día 12, ata o 18 poden adherirse á esta iniciativa entidades e establecementos


Laura Moure/Arzúa

A Concellaría de Igualdade do Concello de Arzúa vén de lanzar a campaña en torno ao 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e este ano desde o concello quérese enviar unha mensaxe clara e rotunda: "Que a vergoña sexa deles". Esta iniciativa responde á necesidade de facer unha campaña provocadora que visibilice, por un lado, como a vergoña debe cambiar de bando, e por outro, que se deconstrúa o perfil estereotipado dos homes maltratadores, achegando datos sobre os diferentes tipos de violencias a partir de estimacións para o Concello de Arzúa.


Con este sinalar procúrase lanzar unha advertencia clara e directa cara a aqueles que atacan, acosan ou maltratan, porque a impunidade e a vergoña viraron de lado, liberando de culpa e responsabilidade ás mulleres e sen ter que poñer o foco nelas.

“Neste 25 de novembro, desde o Concello, convidámosvos a reflexionar sobre as nosas accións e actitudes, a levantar a voz contra as violencias machistas e a apoiar sen reservas a todas as mulleres que as sufren ou sufriron, sen esquecer ás asasinadas”, sinalou a concelleira de Igualdade Lucía López. “Que ningunha muller teña que vivir con medo e, sobre todo, que ningunha teña que calar pola vergoña. Que a vergoña sexa deles, dos que exercen violencia e dos que son cómplices da mesma. Que a vergoña e a responsabilidade recaia sobre quen exerce as violencias machistas, non sobre quen as sofre”.


A campaña emprega retratos de homes actuais de diferentes idades e clases sociais para demostrar que quen exerce a violencia corresponde a un perfil moi variable. Rachando este retrato, amósanse locais, fogares ou espazos recoñecibles na localidade, que gardan unha relación directa cos datos ou cifras que se achegan e que axudarán a visibilizar unha realidade común en espazos cotiáns,


Múltiples e variados actos para todos os públicos

A campaña vén acompañada de múltiples actividades dirixidas a públicos diversos, comezando polos centros educativos, nos que se realizarán obradoiros de prevención das violencias machistas, tanto no IES de Arzúa como no CEIP de Arzúa. Ademais, este ano haberá un concurso de relato curto dirixido a público infanto-xuvenil.


No marco da campaña realizaranse tamén diferentes obradoiros e faladoiros para público adulto como o obradoiro informativo de detección e resposta ante a violencia contra as mulleres, dirixido prioritariamente a mulleres migrantes; ou o Faladoiro sobre saúde mental e xénero “As discordantes”, dirixido a todos os públlicos. Haberá espazo tamén para a programación cultural en torno ao 25N grazas ao ciclo de CIMnema ciruculante que recalará en tres parroquias do concello - Brandeso, Oíns e Viladavil - nas que se proxectarán os filmes “Matria”, “Tódalas mulleres que coñezo” e “O Corno”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No plano institucional, o 29 de novembro terá lugar a Xornada técnica de coordinación contra as violencias machistas, dirixida a profesionais de diferentes ámbitos.


Adhesión á iniciativa

O Concello de Arzúa, como o ano pasado, quere contar coa implicación do comercio, dos locais de hostalería, das empresas, dos centros de ensino, e das asociacións e entidades da contorna para lograr o maior impacto posible da campaña. Aos establecementos e entidades adheridas entregaránselles diferentes materiais de sensibilización (cartelería, dípticos, bolsas, manteis, etc.), co obxectivo de construír, xuntas e xuntos, unha Arzúa feminista e libre de violencias contra as mulleres.


O período de inscrición para adherirse á campaña comeza hoxe, martes 12 de novembro, e finaliza o próximo luns 18 de novembro. Como canles para a inscrición estarán operativos tanto o teléfono do CIM de Arzúa (981 501 101) como a solicitude en liña a través desta ligazón

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page