top of page

A Cabalgata dos Reis Magos volta as rúas de Silleda con animación e a participación da rapazada

Está previsto que o percorrido comece na praza Siñor Afranio, fronte ao Concello, onde serán recibidas as súas Maxestades


Laura Moure/Silleda

A Cabalgata dos Reis Magos volta ás rúas de Silleda o vindeiro xoves día 5. O percorrido iniciarase pasadas as 18:30 horas, despois da recepción das Súas Maxestades de Oriente no Concello e da terceira e última proxección de luz e son sobre a fachada da casa consistorial, con novos elementos. Melchor, Gaspar e Baltasar chegan este ano acompañados de sorpresas para recoller as peticións dos nenos e nenas de Silleda .

Así, as Súas Maxestades farán o percorrido traendo dende Oriente, outros números de animación como dous maniquís xigantes e patinadoras que animarán o periplo polas rúas de Trasdeza.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O percorrido seguirá por toda a rúa Progreso, avenida do Parque (ata o enlace con Chousa Nova), rúa María Colmeiro, rúa Venezuela e Outeiro, voltando ao pavillón municipal César G. Fares, onde terá lugar a recepción Real.


En caso de que a choiva impida a saída das carrozas, farase directamente a recepción no pavillón.


Participación nenos/as e paradas para tirar caramelos

Está previsto que os Reis fagan o percorrido acompañados de paxes nas carrozas, e por un grupo de nenos e nenas que forman unha orixinal comparsa organizada dende as Anpas do municipio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Ao igual que en anos anteriores, faise un chamamento para evitar que o público se incorpore á comitiva ao seu paso, tamén por motivos de seguridade. Tamén por seguridade a tirada de caramelos se fará en puntos específicos con máis espazo.


Recepción final, sorteo e chocolatada

O percorrido rematará no pavillón municipal César G. Fares de Silleda, onde as Súas Maxestades recibirán a todos os nenos, aos que agasallarán con caramelos (todos sen gluten) recollendo as súas peticións nesta noite máxica.


Tamén no pavillón terá lugar o gran sorteo de Nadal da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, para o que é preciso acumular tickets por importe total de 100€ (pode ser un so tiquet de 100€ ou importe supeiror ou varios tickets de distintas tendas ou da mesma - sempre socios de ECOS- cuxa suma total sexa 100€ como mínimo).


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os sobres cos tickets e a tarxeta co nome e teléfono da persoa que xoga deben ser entregados nos mesmos establecementos ECOS que teñen unha urna habilitada para a campaña durante todo o período de Nadal.


Ademais dos vales en premios que reparte a asociación (1 de 500€; outro de 300 euros; 2 de 200 e 3 de 100 euros) tamén o xoves se sorteará a Paga Extra de Nadal que outorga o Concello de Silleda por valor de 1.000 euros. A xornada rematará no pavillón cunha chocolatada con churros gratis para todas as persoas asistentes.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page