A cabalgata dos Reis Magos en Rodeiro será no pavillón e haberá distintos horarios por idades
- Laura Moure
- 4 ene 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Rodeiro
Os Reis Magos unha vez máis farán acto de presencia no concello de Rodeiro na tarde do mércores, día 5, e farano de xeito presencial e adoptando todas as medidas necesarias para que non haxa risco de ningún tipo, tal e como informa o Concello. As súas Maxestades recibirán aos cativos no pavillón municipal a partir das 17:00 horas e non haberá o tradicional desfile polas rúas de Camba.
No pavillón para acceder aos reis hai establecido un circuíto. A entrada será pola principal e a saída será pola praza que hai diante do edificio polivalente de uso asistencial (enfronte do cuartel da Gardia Civil).

Para evitar aglomeracións establecemos a visita aos Reis Magos por rangos de idade quedando do seguinte xeito:
de 0 a 2 anos: ás 17:00 horas.
de 3 a 5 anos: ás 17:30 horas.
de 6 a 11 anos: ás 18:00 horas.
E de 12 a 15 anos (15 anos incluídos): 18:30 horas.
"No caso de que unha unidade familiar a compoñan varios cativos pregamos que acudan todos no rango de menor idade. Cada neno vai recoller o seu propio agasallo. Non haberá contacto físico cos Reis Magos, pero si se poderá por exemplo, facer fotos", subliña o Concello. "Pedimos encarecidamente que se respecten estas franxas horarias a efectos de ter as máximas garantías no que a Covid se refire. Melchor, Gaspar e Baltasar espéranvos!".
Commentaires