O Concello pretende retirala e acondicionar a zona nos vindeiros días
A árbore caída.
Laura Moure/Silleda
As choivas dos últimos días están probablemente detrás da caída dunha árbore de grandes dimensións no entorno da Fervenza do Toxa, na parroquia de Pazos.
O exemplar, un carballo, desplomouse xusto no comezo do Sendeiro do Deza, dificultando o paso, danando a barandilla e as escaleiras e deixando un socavón no lugar das raíces.
Logo de inspeccionar a zona, dende o Concello de Silleda procederase nos vindeiros días á retirada da árbore, tarefas con certa dificultade pola zona na que se atopa.
Por outra banda, o goberno municipal de Silleda incluirá na orde do día do vindeiro pleno ordinario que se celebrará o xoves día 27 as bases que regularán as axudas ao sector da hostalería pola incidencia da Covid-19. As bases serán expostas o vindeiro luns na comisión informativa de Cultura e Turismo, previa á sesión plenaria.
Trátase dunhas bases moi sinxelas, nas que os locais de hostalería e aloxamentos terán que acreditar únicamente que se viron afectadas pola orde da Xunta do 26 de xaneiro, pola que se pecharon ao público os establecementos como medida de prevención ante a expansión do virus. No último pleno aprobouse por unanimidade a modificación orzamentaria para habilitar a partida destas axudas. En total, e tendo en conta a aportación da Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos, destinaránse máis de 86.000 euros a esta nova liña de axudas. Os establementos que cumpran os requisitos optan a axudas por valor de 1.200 euros. “Con esta nova liña, logo de ser os primeiros en poñer en marcha axudas co programa Silleda Reactiva, seguimos axudando ao tecido empresarial de Silleda, neste caso cun apoio expreso a un sector que a día de hoxe é dos máis perxudicados polos graves efectos da pandemia”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.
Dende o Concello de Silleda tratarse de axilizar ao máximo posible a concesión das axudas, se ben éstas deben de seguir unha tramitación que continuará co envío da normativa reguladora á Base Nacional de Subvencións, a publicación no BOP de Pontevedra, e a posterior convocatoria. Unha vez feita esta última e publicada no BOP, o sector da hostalería silledense disporá dun prazo de 20 días para presentar mediante sede electrónica e cos formularios que se habilitarán, as súas solicitudes.
Exposición
Por outro lado, a mostra pictórica xurdida co proxecto Trasdeza pinta o Camiño, xa está na Casa da Cultura de Silleda despois da dúa estrea o pasado 17 de abril en Vista Alegre, na Bandeira.
A mostra conta con seis obras que recollen os enclaves culturais e naturais da Vía da Prata e do Camiño de Inverno que foron seleccionados polos/as escolares dos centros educativos silledenses, e que artistas silledenses comezaron durante unha xornada de
pintura en vivo.
Os/as artistas participantes na mostra son Vanessa Barcala, David Bibián, Amalia
López, Juan Liñares, Marisa Miguélez e Adrián Penido, que recollen baixo diferentes
técnicas e estilos o entorno do Camiño. A ponte de Taboada, o pazo de Trasfontao, o núcleo de O Foxo de Deza, o Candán visto dende San Fiz, a capela de San Brais e a igrexa de San Martiño de Dornelas están reflexados nesta mostra que pode visitarse de luns a venres (de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas) e os sábados de 11:00 a 14:00 horas.
A exposición viaxará por último ata o mosteiro de Carboeiro, onde estará na sala de
exposicións dende o día 21 de xuño ata o 25 de xullo.
Comments