top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A borrasca Karlotta deixará en Galicia forte vento e chuvias intensas

Ecos da Comarca/Xeral

O 112 Emerxencias Galicia emite un aviso de 𝐚𝐥𝐞𝐫𝐭𝐚 𝐥𝐚𝐫𝐚𝐧𝐱𝐚 por choivas e ventos para algunhas zonas de Galicia, e de 𝐚𝐥𝐞𝐫𝐭𝐚 𝐚𝐦𝐚𝐫𝐞𝐥𝐚 no interior de Pontevedra, a partir das 06:00 horas de mañá, xoves 8 de febreiro. Chega a borrasca Karlotta que mudará o tempo totalmente en comparación co que tivemos nas últimas semanas.


En concreto, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar para esta madrugada a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra, por vento en terra con refachos moi fortes en zonas da provincia coruñesa e na Mariña lucense, e por choiva no oeste e suroeste da Coruña.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico por temporal costeiro comezará nesta madrugada en todo o litoral da Coruña e estenderase logo tamén ao de Pontevedra. Agárdase vento do sur ao suroeste forza 8 de ata 74 km/h con mar combinada con ondas de ata 7 metros.


O episodio adverso por vento do sur e do suroeste, espérase a partir da medianoite e acadará refachos de 100 quilómetros por hora no noroeste, oeste e suroeste da Coruña e na Mariña lucense. No resto da comunidade o aviso será de nivel amarelo por rachas máximas de 80 quilómetros por hora.


No oeste e suroeste da Coruña estará ademais activa a alerta laranxa por choivas a partir da madrugada, con precipitacións acumuladas de máis de 80 milímetros en 12 horas. No noroeste e interior da Coruña e no resto de provincias a alerta será amarela por choivas acumuladas de 60 litros metros cadrados en 12 horas.


Publicidade

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.


A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.


Publicidade

Recomendacións

Ante os fortes ventos e a chuvia recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, evitar pasar preto de árbores, paneis publicitarios, andamios e obxectos que poidan ser derrubados polo vento, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse, non aparcar nas ribeiras dos ríos, non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade e retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e ventás


Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page