A biblioteca municipal de Silleda modifica o seu horario durante o verán
Laura Moure/Silleda
A biblioteca municipal Daniel Castelao de Silleda, sita nas dependencias da Casa da Xuventude, modifica o seu horario, como vén sendo habitual nos últimos anos, durante os meses de verán. Así en xullo, abrirá na primeira semana (ata o día 7) de 10 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e o resto do mes (sempre de luns a vernes) de 08:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas.
En agosto, o horario será tamén de luns a venres, só pola mañá, de 08:00 a 14:00 horas, ao igual que os días 1 e 2 de setembro.

Xa en setembro, na primeira quincena o horario será novamente de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas, tamén só durante a semana. A partir do 17 de setembro o centro volverá a aplicar o horario continuado que se vén mantendo dende o mes de abril: de 8:00 a 20:30 horas, de xeito ininterrumpido.
Estas modificacións realízanse para respetar os dereitos de vacacións do persoal do centro e tendo en conta que na época estival se vén reducindo o número de persoas usuarias.

Así mesmo, na biblioteca, que se trasladou o pasado mes de abril ata as dependencias da rúa do Trasdeza, continúanse a realizar obras de mellora como a dotación dunha porta aillante de cristal para reducir ruidos na sala de estudo.