top of page

A biblioteca municipal de Silleda contará con horario continuado dende o luns

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O servizo, agora na Casa da Xuventude, na rúa Trasdeza, estará aberto ao público de 08:00 a 20:30 e luns a venres e os sábados de 11:00 a 13:30 horas


Laura Moure/Silleda

A Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda contará dende este luns día 18 con horario continuado durante a semana. Así, este servizo público, situado dende o pasado día 5 nas dependencias da Casa da Xuventude, estará aberto de luns a venres

en horario de 08:00 a 20:30 horas de xeito ininterrumpido. Nas xornadas de sábado o horario de apertura do centro será de 11:00 a 13:30 horas. Este horario continuo manterase ata o mes de xullo.

Con esta medida vense a mellorar este servizo público facilitanto ao público en xeral máis tempo de uso tanto da consulta e préstamo de fondos como da sala de estudo. A biblioteca foi trasladada dende a rúa Progreso, xunto á Casa da Cultura, ante o próximo inicio das obras de remodelación deste edificio como futura casa consitorial. Dende o pasado martes día 5 está xa de novo operativa na Casa da Xuventude. O centro, con milleiros de volumes dispoñibles, conta cunha sala adicada ao público infantil e sala de estudo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page