top of page

A Biblioteca Municipal de Monterroso dispón de acceso libre a Internet e de 5 tabletas para o préstamo

Ecos da Comarca/Monterroso

A Biblioteca Municipal de Monterroso dispón desde os pasados días de acceso libre a Internet, así como de cinco tabletas para o préstamo nas propias instalacións e algúns accesorios, como auriculares, adaptadores e puntos de recarga.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta nova dotación de tecnoloxía permítelles aos e ás usuarias da Biblioteca Municipal ter acceso ao novo material informático co que levar a cabo os seus traballos ou no que pasar o seu tempo de ocio de maneira completamente gratuíta.


A Biblioteca Pública Municipal está situada no Espazo Cultural Lorenzo Varela e ten horario de luns a venres de 15:30 a 19:30 horas.

O equipo de Goberno achegouse ata as instalacións para coñecer as melloras implementadas de primeira man.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page