top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A biblioteca municipal Daniel Castelao de Silleda estrena equipos informáticos

Foron adquiridos con cargo aos remanentes que lle corresponden ao Concello do Plan Concellos da Deputación de 2023


Ecos da Comarca/Silleda

A biblioteca pública municipal Daniel Castelao de Silleda conta xa con dous novos equipos informáticos para as persoas usuarias deste servizo públicos, que se instalaron nos últimos días. Esta dotación, adxudicada á firma Conta Local, levouse a cabo a través dos remanentes que lle corresponden ao Concello de Silleda do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dentro da anualidade de 2023.

Con estes dous novos equipos continúa a mellorarse o servizo da biblioteca, incluida na Rede Galega de Bibliotecas Públicas, e que ademais do servizo de préstamo conta con sala de lectura e varios equipos informáticos a disposición do público.


Publicidade

Así mesmo, dende o pasado 15 de setembro, este centro municipal volve a aplicar horario continuado pola semana, con máis de 12 horas de apertura diaria. Así, a biblioteca está aberta de 8:00 a 20:30 de luns a venres e os sábados de 11:00 a 13:30 horas.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page