top of page

A biblioteca do Pino fará un mosaico de homenaxe a Xela Arias con fotos da veciñanza

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As imaxes poden enviarse ata este martes, día 18

Laura Moure/O Pino

A Biblioteca Municipal do Pino solicita a colaboración de toda a veciñanza para realizar un mosaico de fotos que forme a a imaxe de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. O mosaico farase coas fotografías enviadas por todas aquelas persoas que o desexen, que poden participar na iniciativa co número de imaxes que queiran. As fotos poderán ser de persoas, mascotas ou espazos especiais do concello.


As fotografías enviaranse ata este martes, 18 de maio, á dirección de correo electrónico biblioteca@opino.gal. Unha vez recibidas na biblioteca, remitiráselles aos participantes un formulario de autorización para que o Concello do Pino poida utilizar a súa imaxe neste proxecto. Desbotaranse as fotografías inapropiadas. Para máis información ou resolver calquera dúbida, as persoas interesadas poden mandar un correo á dirección antes indicada ou chamar ao teléfono 981 511 065.



0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page