A biblioteca de Silleda acolle o 16 un espectáculo recomendado para crianzas de 0 a 3 anos
- ecosdacomarca
- 14 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Enmárcase no programa Ler conta moito
Ecos da Comarca/Silleda
A biblioteca municipal Daniel Castelao de Silleda acolle este mércores día 16 a sesión Casa, casiña, casona, enmarcada no programa Ler conta moito, cofinanciado pola Rede Galega de Bibliotecas.

Trátase dun espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… que forxan os cimentos da casa que construimos ao longo das nosas vidas.
Publicidade
Esta cita, especialmente recomendada para crianzas de 0 a 3 anos, será ás 17:30 horas neste centro municipal.
Comments