top of page

A biblioteca de Antas convoca o certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2023

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 12 de maio


Laura Moure/Antas de Ulla

A Biblioteca Antas Antas Ulla convoca o Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2023.

As bases do concurso son as seguintes:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuación: “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca. XOGAR + LER = VIVIR


B) Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4, sobre o tema proposto a continuación: “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca. XOGAR + LER = VIVIR


2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.


3.- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.


4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 12 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na biblioteca municipal.


5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.


7.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

8.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.


9.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

Hoxe afondamos en dúas preguntas que nos adoitan facer nunha entrevista de traballo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page