"A barcaza de Portodemouros debe garantir, por contrato, o servizo os 365 días do ano", sinala o BNG
Remacla ao alcalde ponsabilidade e que esixa unha reunión coa Consellaría de Infraestruturas, onde poida participar tamén a Asociación de Afectados da Barca
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces recalca que a barcaza de Portodemouros "debe garantir, por contrato, o servizo os 365 días do ano". "A empresa Naturgy rise na cara dos usuarios coa complicidade de quen desgobernou na Xunta".

O voceiro, Alex Fiuza, afirma que este servizo "non se pode permitir o luxo de pararse nin tan sequera unha semana, xa que a empresa concesionaria ten a obriga de garantir o servizo os 365 días do ano".
Por iso, califica o parón dun mes, do 7 de novembro ao 7 de decembro como un "acto indecente, xa que no caso de ter que facer unha inspección ou reparación debe ser inmediata, triplicando os turnos dos operarios se é preciso, mais os prazos débense recurtar todo o posible".
E apunta que "despois dunha semana parada por unha avaría repetida mes si e mes tamén, non se poden permitir o luxo de deixar aos usuarios sen o servizo, cando hai veciñanza que ten que realizar labores agrícolas a ambos lados do río".
Ante todo isto, Fiuza esixe responsabilidade ao alcalde, Luis Taboada. "Que deixei de vacilar aos veciños e que esixa a reunión coa Consellaría de Infraestruturas, onde poida participar a Asociación de Afectados da Barca".
Pola parte do BNG "anunciamos que o deputado Mini Rivas volverá a esixir responsabilidades no Parlamento e dende o grupo municipal ofrecémonos a participar dunha reunión coa Consellaría que debe ser solicitada canto antes por parte do goberno municipal."
NOTICIA RELACIONADA: