top of page

A Banda Xuvenil da Escola de Música Municipal de Agolada participou no Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

Laura Moure/Agolada

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu onte no Gaiás ao arranque do VIII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, un certame no que participan preto de 600 intérpretes das seccións máis novas dunha ducia de bandas de música populares das catro provincias galegas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música co apoio da Xunta.

O titular de Cultura do Goberno galego deu a benvida aos rapaces e rapazas que asistiron onte a este encontro, que ten como obxectivo dar visibilidade entre o gran público ao traballo destas agrupacións, cualificado por López Campos como “indispensable” na formación de novos músicos “por toda a xeografía galega, tanto nas contornas urbanas como nas rurais”, subliñou. No acto de apertura, estivo acompañado pola directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e polo vicepresidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares, José Luis Tielas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na súa intervención, o conselleiro lembrou o compromiso do seu departamento cun certame que “promove a educación na diversidade a través da música, unha linguaxe universal que nos une, nos enriquece e nos apaixona”, remarcou.


O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, que se celebra na Cidade da Cultura desde a súa primeira edición, ofrece aos músicos máis novos a oportunidade de participar nunha xornada de encontro e convivencia na que poder establecer vínculos dos que poidan nacer futuras sinerxías entre bandas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unha ducia de bandas de toda Galicia

Ao longo de toda a xornada, 12 formacións das catro provincias galegas interpretarán os repertorios escollidos especialmente para esta ocasión. Durante a mañá, actuaron a Banda xuvenil da Cultural de Teo, a Banda escola de música de Portas, a Banda infantil da escola de música de Salvaterra, a Banda Xuvenil da Escola de Música Municipal de Agolada, a Banda escola da Banda municipal da Estrada e a Banda infantil da Unión Musical de Meaño.


Xa pola tarde, foi a quenda da Banda xuvenil de Salceda de Caselas, a Banda de música xuvenil de Guláns (Ponteareas), a Minibanda de Vilalba, a Banda de música Santádega de Coles e a Chikiband 2.0 (de Xinzo de Limia). Por último, pechará o encontro a Banda Sinfónica Galega, formada por integrantes de diferentes agrupacións da Comunidade, todos eles menores de 20 anos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page