top of page
Perruquería Marisa.gif

A Banda Municipal de Música de Santiago lanza o I Concurso de Dirección da BMSC

A persoa que se faga co primeiro premio obterá, ademais do diploma, un recompensa de 1.000 euros e a posibilidade de participar como director convidado da BMSC


Laura Moure/Xeral

O vindeiro luns 17 de xaneiro abrirase ata o 11 de febreiro o prazo de presentación de candidaturas para profesionais no eido da dirección musical. Os candidatos seleccionados interpretarán unha serie de obras obrigadas e outras de libre elección durante o concurso, que terá lugar do 15 ao 18 de marzo no Auditorio de Galicia. A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, co soporte institucional do Concello de Santiago de Compostela dende a Concellería de Acción Cultural, lanza o I Concurso de Dirección da BMSC co obxectivo de crear novas oportunidades para os profesionais deste ámbito.


As persoas interesadas poderán inscribirse entre o 17 de xaneiro e o 11 de febrero na competición, cuxa lista de seleccionados será publicada o 15 de febreiro. Do 15 ao 18 de marzo celebrarase o certame, no que cada un dos candidatos terán que interpretar o repertorio escollido así como unha serie de obras predefinidas polo concurso.


A persoa que se faga co primeiro premio obterá, ademais do correspondente diploma, un recompensa económica de 1.000 euros e a posibilidade de participar como director convidado da BMSC.


Bases

Os interesados poden consultar as bases no seguinte enlace:

http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1642156583I_Concurso_Direccion_BMSC_-_galego__2_.pdf


60 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page