Ecos da Comarca/Arzúa
A música non ten fronteiras, por iso a Banda Municipal de Arzúa estará actuando mañá, venres, 7 de xullo en Fuerteventura, dentro das festas na honra ao Carme no municipio de Pájara, tal e como nos informa a Radio Insular Fuerteventura.
Publicidade
Este ano as festas ampliáronse catro días con respecto ás celebracións do ano pasado e incluirá preto dunha trintena de actos, pensados para todos os gustos e idades. Arrancaron onte, mércores, e prolongaranse ata o domingo 16.
Publicidade
Mañá, tras o pregón previsto para as 20:30 horas, que será a cargo de Lorenzo Roger, Fundador de la Cofradía de Pescadores de Morro Jable, actuará a Banda de Música de Arzúa.
Os interesados poden obter máis información destes festexos na seguinte nova: https://fuerteventurahoy.com/programacion-de-las-fiestas-del-carmen-2023-de-morro-jable/?fbclid=IwAR1cBeSTNZAK5TxOrCZl0cukyFdDCKJSKDTy4JcSTrnBX7Vmvwde0kMLzIY
Comments