Ademais presentará aos novos membros da agrupación e rendiranlle unha homenaxe a Manuel Sangiao Puente, quen fora compañeiro e músico e que faleceu o ano pasado
Laura Moure/Silleda
Hoxe, sábado18 de novembro ás 19:30 horas, a Banda de Música Municipal de Silleda celebrará Santa Icía no Auditorio da Semana Verde de Galicia. Ademais, durante o concerto presentará aos novos membros da agrupación que realizarán o seu primeiro concerto coa agrupación.
"É un día moi especial tanto para eles como para as súas familias", sinala a formación. Eles son:
Publicidade
• Oboe: Ainhoa Teijeiro Fernández.
• Clarinete: Nerea Campos Requeijo, Sainza Vidueiros Fuentes, Ainhoa Sahagún
Taboada, Valeria Pájaro Salgueiro, Ainara Rozados Romero, Antía Wang XinLei y
Silvia Sesto Verde.
• Saxofón: Candela Pereiras Rivas e Icía Goldar Frade.
• Trompa: Sira Vidal Soto.
• Percusión: Mariña Varela Picón e Manuel Vilariño Pena.
Publicidade
"Tamén rendiremos unha homenaxe a Manuel Sangiao Puente, quen fora compañeiro e
músico da nosa agrupación nos últimos anos e que faleceu o ano pasado por estas
datas. E ao rematar o concerto, todos os asistentes estarán convidados a un magosto. Para axudar a sufragar os gastos deste magosto haberá unha urna para os que queiran
colaborar economicamente".
A Banda de Música Municipal de Silleda quere agradecer a todas as persoas e colectivos que colaboran con nós durante todo o ano en todas as actividades que realiza.
Commentaires