top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Banda de Música Municipal de Agolada ofrecerá un concerto o 29 con José Antonio Blas da París

A música mexicana será a protagonista da actuación e é necesario reservar entradas


Laura Moure/Agolada

A Banda de Música Municipal de Agolada ofrecerá o domingo 29 un novo concerto, pero desta volta para rematar o verán e ademais, contará coa presenza dunha das voces máis recoñecidas da verbena galega: o cantante da París de Noia José Antonio Blas

A cita será ás 20:30 horas no Campo da feira de Agolada. Será un concerto de música mexicana: Huapangos, Corridos, Rancheras, ambientado para a ocasión coma un rancho mexicano.


Haberá aforo limitado. Os interesados poderán reservar a súa entrada, que será gratuíta, nos números : 661 95 31 08 696 30 12 79 676 34 59 12



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page