top of page

A Banda de Música Municipal de Agolada levará a cabo a súa andaina musical este domingo

É a cuarta edición e desta volta, terá como escenario a parroquia de Borraxeiros


Laura Moure/Agolada

A Banda de Música Municipal de Agolada levará a cabo mañá, domingo 30, a cuarta edición da súa andaina musical, que este ano será na parroquia de Borraxeiros. Baixo o título Andaina a paso-doble constará de 6,5 quilómetros con dificultade baixa e con saída, ás 10:30 horas, desde o campo da festa desta aldea.


A iniciativa inclúe as actuacións da Pequebanda, grupos de cámara e da banda. É necesario anotarse, ben previamente, a través dos teléfonos 661 953 108 (Raquel), 696 301, 279 (Marta) ou 618 808 169 (María) ou ese día no punto de partida antes de comezar. A partir dos sete anos pídese un donativo de tres euros.

Outra edición da andaina musical, neste caso, en Ventosa.

Autor: Ángel Luis Utrera.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page