top of page

A Banda de Música Municipal de Agolada celebra a súa V Andaina Musical, este domingo 4 de xuño

Esta edición terá lugar na parroquia de Brántega


Laura Moure/Agolada

A Banda de Música Municipal de Agolada celebrará este domingo, 4 de xuño, a que será a súa quinta Andaina Musical A ritmo de marcha. Este ano discorrerá por Brántega, xa que cada edición elixen unha parroquia diferente.

O ano pasado tivo lugar en Borraxeiros. Autor: Banda de Música de Agolada.

"Partiremos ás 10:00 horas do campo da feira e realizaremos un percorrido de 5'5 quilómetros de dificultade baixa. Vide a desfrutar con nós desta fermosa mañá musical, coa Catibanda e a Pequebanda da EMMA e cos grupos de cámara e a BMMA", sinala a formación musical. Recoméndase o uso de chaleco reflectante e haberá coche vasoira. Recorrerán os lugares da Feira Nova, Eirexe, Vilar, Sobrado e Moas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os interesados en asistir deben inscribirse a través dos seguintes teléfonos: 625 17 55 79 Marta, 696 30 12 79 María, 661 95 31 08 Raquel ou 676 34 59 12 Marta. O donativo será de 3 euros a partir dos sete anos.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page