top of page

A Banda de Música de Silleda recadará fondos para Valencia o día 16 no seu concerto de Santa Icía

Durante a actuación presentará aos novos membros da agrupación que realizarán o seu primeiro concerto coa formación


Ecos da Comarca/Silleda

O vindeiro sábado16 de novembro ás 19.00 horas a Banda de Música Municipal de Silleda celebrará a Santa Icía no Auditorio da Semana Verde de Galicia. "Durante o concerto presentaremos aos novos membros da agrupación que realizarán o seu primeiro concerto coa agrupación. É un día moi especial tanto para eles como para as súas familias", sinala a formación musical.

Eles son:

  • Flauta traveseira: Carla Pérez, Xián Seoane e Adrián Méndez.

• Clarinete baixo: Karilú del Valle Cabrera e Eloi Costa.

• Saxofón: Celia Vidueiros e Emma Bruzos.

• Trompeta: Mascos Costoya.

• Trombón: Rodrigo Castro e Carlos Mariño.


E ao rematar o concerto, todos os asistentes estarán convidados a un magosto, organizado conxuntamente entre a Banda de Música Municipal de Silleda e a Asociación Amigos do lacón. "Para axudar a sufragar os gastos deste magosto haberá unha urna para os que queiran colaborar económicamente. Tamén haberá outra urna para axudar aos nosos veciños valencianos afectados pola terrible Dana, xa que o que recademos irá destinado aos prexudicados por esa catástrofe natural. Dende a Banda de Música Municipal de Silleda, queremos agradecer a todas as persoas e colectivos que colaboran con nós durante todo o ano en todas as actividades que realizamos".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Vindeiras actuacións


• FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA. DOMINGO 22 DE DECEMBRO DE 2.024, ÁS 17.30 H‐ AUDITORIO DA SEMANA VERDE DE GALICIA.


• XXIV CONCERTO ‐ ESPECTÁCULO DE NADAL DA BANDA DE MÚSICA DE SILLEDA SÁBADO 28 DE DECEMBRO DE 2.024, Á 21.00 H‐ PAVILLÓN No 1 DA SEMANA VERDE DE GALICIA.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page