Durante o mes de decembro amenizará distintas actuacións e asistirá ao XV Certame Galego de Bandas de Música Populares
Laura Moure/Silleda
A Banda de Música de Silleda celebra este sábado, día 12, o seu concerto na honra a Santa Icía, a patroa dos músicos. A cita será ás18:30 horas no Auditorio da Semana Verde de Galicia.
Os primeiros que van actuar van ser os benxamíns da escola:a BANDA INFANTIL. Seguidamente actuará a BANDA XUVENIL, que baixo a dirección de Rafa Agulló, interpretará o programa co que acudirán ao XV Certame Galego de Bandas de Música Populares, que se celebra no Auditorio Ilduara de Celanova en Ourense. En concreto, a banda xuvenil da Escola de Música de Silleda actuará o domingo 4 de decembro ás 16:00 horas.

Rematará o concerto na honra á patroa a BANDA DOS MAIORES, A BANDA DE MÚSICA
MUNICIPAL DE SILLEDA.
"E ao rematar o concerto, as tres agrupacións convidarán a todos os asistentes a uns pinchos típicos desta época do ano. Dende a Banda de Música Municipal de Silleda, queremos agradecer a todas as persoas e colectivos que colaboran con nós durante todo o ano en todas as actividades que realizamos, polo que queremos convidar a todos a pasar un momento musical, este sábado a partir das 18:30, no Auditorio da Semana Verde de Galicia. Para axudar a sufragar os gastos dos pinchos haberá unha urna para os que queiran colaborar economicamente".
Vindeiras actuacións
O sábado 3 de decembro: terá lugar o concerto pre-certame da Banda Xuvenil da Escola de Música de Silleda. Será ás 20:00 horas no auditorio da Semana Verde de Galicia.
O 4 de decembro: celebrarase o concerto pre-certame da Banda Xuvenil da Escola de Música de Silleda. Terá lugar ás 16:00 no auditorio Ilduara de Celanova (Ourense).
18 de decembro: será o Festival de Nadal da Escola de Música Municipal de Silleda. A cita terá como escenario o auditorio da Semana Verde de Galicia ás 17:30 horas.
30 de decembro: Será a quenda do XXII Concerto-Espectáculo de Nadal da Banda de Música Municipal de Silleda. Será ás 21:000 horas no pavillón número 1 da Semana Verde de Galicia.
Comments