top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Banda Artística de Merza gaña o Certame Internacional de Bandas de Música Villa de Aranda

O seu director, Mateo Gómez Naval, recibiu o premio de mellor director


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Artística de Merza. (Fonte: Facebook da banda).

"Esta fin de semana cerrabamos a XXIII edición do Certamen Internacional de Bandas de Música “VILLA DE ARANDA” cun concerto cheo de emoción, nervios e sorrisos. Hoxe recibimos, coa mesma emoción, a noticia do noso primeiro premio , como gañadores do certame cunha nota de 9,85", así anunciaba a Banda Artística de Merza (Vila de Cruces) o seu triunfo a través das súas redes sociais.


Publicidade

"Queremos darlle tamén as grazas e parabéns ao noso director, Mateo G. Naval, por todo o seu traballo que se veu reflexado no premio a Mellor director do certame. Dar tamén os parabéns a todas as bandas que participaron no certame e, en especial, aos compañeiros e amigos da Banda Municipal da Estrada polo seu 3º Posto. Para nós non só é o posto no certame, senón todo o traballo de cada un dos músicos, a impecable organización por parte do certame, e a ledicia de ter con nós a todos os que nos escoitan e apoian. A música non para!", sinala a banda cruceña.


Publicidade

Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page